O Xiaomi M1 (MIUI Phone) xa é unha realidade. Á venda en outubro

Aínda que xa se levaba tempo rumoreando, agora xa é oficial: habemus MIUI Phone, que en realidade se chama XIaomi M1 (indicará o “1” continuidade?) e terémolo entre nós a comezos de outubro.

Trátase dun terminal moi especial, xa que leva implementada a ROM MIUI, unha das máis populares, e un hardware do máis completo fabricado especificamente para ela. As súa características principais son as que seguen:
  • Procesador Qualcomm MSM8260 SoC a 1,5 GHz
  • Dimensións e peso: 125 x 63 x 11,9 mm e 149 gramos.
  • Memoria: 1 GB de RAM e 4 GB de ROM (ampliábel con microSD até 32 GB).
  • Pantalla de 4 polgadas, de 480 x 854.
  • Cámara de 8 MP
  • Batería de 1930 mAh.
En canto a prezos e dispoñibilidade, como diciamos estase falando de comezos de outubro, aínda que se poderá facer a reserva a partires do 29 de agosto. Custará 310 dólares (207 € co cambio actual), un prezo realmente competitivo nun terminal destas características.
Podemos ver a interface da ROM neste vídeo

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply