Nin un paso máis sen Android


Esta vez non imos falar de ningunha aplicación nin xogo para Android. Nin sequera se trata dunha actualización ou dun novo gadget de última xeración. Hoxe falaremos de moda pero tranquilos, non vos equivocáchedes de páxina, estade atentos.

O que vos traemos hoxe son unhas zapatillas deportivas Nike pero coa particularidade de que están personalizadas con distintos temas sobre tecnoloxía.

Temos as de Android, Google e Chrome aínda que tamén están as de Facebook, Twitter ou Apple entre outras.
Barata non nos vai sair a cousa xa que os prezos das que vos amosamos aquí van desde os 205 e os 285 euros, pero un capricho é un capricho, ou non? Eso sí, que non nos enteremos nós que mercades as de Internet Explorer.

Podedes mercar estas zapatillas e moitas máis en Brassmonki.

Sobre o autor

2 Comments

  1. ailalelo 18 Agosto, 2011 Responder
  2. Álex Alfaya 18 Agosto, 2011 Responder

Reply

Deixa una resposta a Álex Alfaya Cancelar a resposta