LG Optimus Sol, crece a familia LG

LG vén de facer oficial a súa última aposta, o LG Optimus Sol, un terminal que segue a completar a familia da súa gama de smartphones con Android e que está pensado para achegar dispositivos cunhas prestacións avanzadas a usuarios de todos os petos.
Cun grosor de apenas 10 milímetros, o Optimus Sol conta cunha pantalla de 3,8 polgadas ultra AMOLED, que dobra a taxa de reflexión habitual das pantallas AMOLED o que mellora a visibilidade en ambientes con moita luz.
O seu procesador é de 1 GHz con 512 MB de memoria RAM e 150 de memoria interna, aínda que ampliábel mediante tarxetas microSD 32 GB adicionais. Conta con Android 2.3 (Gingerbread) para poñer vida a todo este hardware e unha cámara de 5 megapíxeles.
Agárdase que a súa saída en Europa sexa arredor de setembro.

Sobre o autor

Reply