Polo de agora só no Reino Unido e en Alemaña, pero todo apunta a que Vodafone extenderá ao resto de países do vello continente a posibilidade de pagar as aplicacións do Android Market a través da factura telefónica, algo que para os usuarios que non desexen dar a tarxeta de crédito é unha moi boa nova.
Dende Mallando no Android cremos que cantas máis alternativas de pagamento teña o Android Market moito mellor será a experiencia de usuario e, polo tanto, a satisfacción dos usuarios de terminais Android.
Agardamos que Vodafone espabile e habilite esta forma de pagamento en breve tamén no noso país.
Vía