O universo tablet Android é tan extenso que case poderíamos falar dunha nova tablet cada día. Se ben é certo que tanta variedade faga que haxa de todo, dende dispositivos moi avanzados a outros moito máis sinxelos.
Estes últimos non adoitan contar con Honeycomb, a versión de Android para tablets, senón que empregan algunha das versións “smartphone” que fan que teñamos un “teléfono grande”. Sen embargo para moitos usuarios isto é máis ca suficiente, pois só buscan un dispositivo para ler o xornal ou consultar o correo polo que unha inversión de 500-600 euros nunha tablet potente pode resultar incluso absurda.
Hoxe falámosvos da Tabtech A816, unha tablet de pantalla resistiva de 8 polgadas cuxa mellor característica é o prezo: 129,99 libras (148 €). Polo demais, conta cun procesador de 1,2 GHz, 512 MB de RAM e 4 GB de memoria interna que pode ser ampliado en 32 GB extra.
A versión de Android que leva é Gingerbread (2.3). En canto a conectividade dispón de WiFi (non é 3G), e portos HDMI e USB. A súa cámara é de 1,3 MP.
Pódese atopar no catálogo de Amazon.
holaa, he encontrado una pagina q me parece q esta bien es una alternativa al market esta en español os la dejo x aqui!
http://mercadroid.blogspot.com
Graciñas polo comentario, botarémoslle un ollo.
Un saúdo
Nunca probei unha tablet resistiva, pero ou moito mellorarón ou se non é capacitiva non serve para nada.
Si, o certo é que unha tablet resistiva non é o mellor que podemos agardar, pero hai que ter en conta o prezo, que son menos de 150 €