Tabtech A816: unha tablet por 130 libras

O universo tablet Android é tan extenso que case poderíamos falar dunha nova tablet cada día. Se ben é certo que tanta variedade faga que haxa de todo, dende dispositivos moi avanzados a outros moito máis sinxelos.
Estes últimos non adoitan contar con Honeycomb, a versión de Android para tablets, senón que empregan algunha das versións “smartphone” que fan que teñamos un “teléfono grande”. Sen embargo para moitos usuarios isto é máis ca suficiente, pois só buscan un dispositivo para ler o xornal ou consultar o correo polo que unha inversión de 500-600 euros nunha tablet potente pode resultar incluso absurda.
Hoxe falámosvos da Tabtech A816, unha tablet de pantalla resistiva de 8 polgadas cuxa mellor característica é o prezo: 129,99 libras (148 €). Polo demais, conta cun procesador de 1,2 GHz, 512 MB de RAM e 4 GB de memoria interna que pode ser ampliado en 32 GB extra.
A versión de Android que leva é Gingerbread (2.3). En canto a conectividade dispón de WiFi (non é 3G), e portos HDMI e USB. A súa cámara é de 1,3 MP.
Pódese atopar no catálogo de Amazon.

Sobre o autor

4 Comments

  1. Popey3 23 Agosto, 2011 Responder
  2. iago varela 23 Agosto, 2011 Responder
  3. Anonymous 26 Agosto, 2011 Responder
  4. iago varela 26 Agosto, 2011 Responder

Reply

Deixa una resposta a iago varela Cancelar a resposta