Volve o Walkman, da man de Sony Ericsson e Android

Quen non tivo nalgún momento da súa vida un walkman? Claro que agora xa non falamos dos míticos gadgets cos que levabamos as nosas cintas de casette nos nosos desprazamentos, senón da última aposta de Sony Ericsson por un terminal para os máis musiqueiros. Trátase do Sony Ericsson Live with Walkman.
As súas características máis destacadas son as que seguen:
  • Procesador Qualcomm Snapdragon a 1 GHz
  • Tamaño e peso: 56 x 106 x 14 mm e 115 gramos de peso
  • Pantalla TFT de 3,2 polgadas.
  • Android 2.3 Gingerbread
  • Dobre cámara, frontal VGA e traseira de 5 MP.
  • Batería de 1200 mAh
  • Radio FM
  • 320 MB de memoria interna, ampliábeis con microSD.
Pero como vos comentabamos, é un terminal pensado para disfrutar da nosa música, polo que Sony Ericsson se esmerou en introducirlle toda unha gama de servizos e recursos musicais, entre eles Qriocity, que xestiona toda a galería musical e dispón do compoñente máis social para compartir en Facebook ou Twitter o que estamos a escoitar.
Outra característica que inclúe é xLOUD, unha tecnoloxía que dotan aos seus altofalantes de maior calidade do son, algo que fará as delicias dos máis sibaritas.
En canto a dispoñibilidades non será até finais de ano cando o vexamos nas tendas, e seguro que a moitos esta espera fáiselles longa 🙂

Sobre o autor

Reply