Xa temos entre nós unha nova actualización da aplicación oficial de Google+, que vén acompañada de importantes melloras que a farán aínda mellor. Parece que Google quere apostar forte pola súa rede social e traballa día a día para refinar a aplicación e facer que sexa moito máis cómoda e útil para empregala dende os nosos androides.
Para comezar o primeiro que nos atopamos é que xa está dispoñíbel en 38 novos idiomas, entre eles o español, o que tamén dará pé a nomes curiosos como o HolaHola no que se traduce o Huddle, algo que a lo menos a min non me acaba de convencer.
Mais a actualización non queda só niso, senón que ademais agora poderemos acceder directamente ás ligazóns compartidas nas mensaxes de Huddle, algo que sorprendentemente non se permitía. Tamén se simplifican as notificacións, agregando nunha mesma varias que sexan semellantes.
O autocompletado ao facer mencións, a posibilidade de compartir cunha soa persoa unha publicación ou de crear círculos dende a propia aplicación son outras das novidades desta versión, que ademais corrixe certos bugs.
No seguinte vídeo podedes ver estas novidades:
Se non se vos actualizou soa, podedes acceder ao Market para forzala e se non a tedes pode que sexa un bo momento para probala