Sony Ericsson anuncia o Xperia Neo V e a actualización da familia Android

Sony Ericsson vén de anunciar a actualización a Gingerbread 2.3.4 dos seus terminais Xperia lanzados este ano, así como tamén o lanzamento dun novo terminal, o Xperia Neo V, que xa virá con esta versión ao saír ao mercado.
A actualización de software levarase a cabo no vindeiro mes de outubro, e alén das melloras da actualización do sistema Android tamén chegarán novidades na capa de software de Sony Ericsson, que engade funcionalidades 3D á cámara, que fará posíbel facer un barrido panorámico e visualizalo en calquera televisión 3D.
En canto ao Xperia Neo V, trátase dun terminal que estará dispoñíbel no último trimestre do ano. Como xa comentamos, será o primeiro da familia Sony Ericsson en contar con estas novidades de software.
No que ten a ver coas características físicas e hardware destacamos as seguintes:
  • Tamaño e peso: 116 x 57 x 13 mm e 126 gramos dep eso.
  • Procesador de 1 GHz, fabricado por Qualcomm.
  • Pantalla de 3,7 polgadas
  • Cámara de 5 MP con barrido 3D
  • 320 MB de memoria interna e tarxeta microSD de 2 GB incluída, ampliábel a 32 GB
  • Batería: 1500 mAh
  • Conectividade: jack 3.5, Bluetooth, DLNA, microUSB, radioFM
Que pinta vos ten?

Sobre o autor

Reply