Markets con aplicacións de pago en descarga gratuíta. Razóns para non recomendalos

En Mallando no Android xa temos comentado que existen varios “markets” alternativos, como Appoke, SlideMe e mesmo outros eróticos como Mikandi. A idea xeral de todos eles é outorgarlle aos desarrolladores a posibilidade de ter un lugar onde colgar as súas aplicacións e gañar máis por elas (non quedándose cunha parte do prezo da aplicación) ou tamén ofrecer algo diferente, como recomendacións a amigos étcetera.

Mais existen outro tipo de “markets” que en realidade son lugares nos que se poden atopar aplicacións de pagamento en descarga directa gratuíta, como Mercadroid, descuberto grazas a un comentario que nos deixou Popey3, ou Applanet.

Basicamente o que fan nestes sitios é colgar o executábel firmado da aplicación en cuestión para podelo instalar sen ter que gastar nada. Isto pode resultar interesante para usuarios que non queren soltar céntimo pero é unha práctica que nós non recomendamos en absoluto polo seguinte:

  • Os desarrolladores adican moitas horas a facer aplicacións que nos axudarán a realizar accións dun xeito moito máis doado. Sumado a iso, a meirande parte das mesmas teñen prezos baixos para todo o que fan e colaborar con eles é axudalos a seguir progamando e desenvolver novas ferramentas que farán dos nosos smartphones algo máis ca un tixolo con Internet.
  • Pódenos saír mal a xogada: Téñense dado casos como o dun desarrollador que canso desas prácticas meteu un troiano na súa aplicación no mercado alternativo co único obxetivo de escarmentar a quen descargase ilegalmente a súa aplicación. Así, ao abrir a aplicación enviaba un sms a todos os contactos da lista de contactos co texto: ‘Ei, descarguei unha aplicación pirata de Internet, Walk and Text para Android. Son estúpido e cutre, só custaba 1 dólar. Non roubes coma min!” Seguro que despois diso a quen lle pasara non lle quedaron máis ganas.
Por iso nós recomendamos colaborar sempre cos desarrolladores, ao fin e ao cabo son os que alimentan Android e fan que sexa unha alternativa cada vez máis interesante.

Sobre o autor

One Response

  1. Androide 29 Agosto, 2011 Responder

Reply