Cozi Family Organizer ou como poñer en orde unha familia smartphonizada

Non cabe a menor dúbida que os smartphones facilitan a comunicación e a organización da nosa axenda e das nosas actividades en xeral. Pero… e se imos un paso máis e organizamos a nosa familia? Claro que para iso todos e cada un dos membros deben contar cun smartphone…
Pois iso debeu de pensar a xente de Cozi, que desenvolveu unha aplicación que mixtura interface web, a través do site cozi.com, e aplicación móbil, todo ben sincronizado, e que para comezar a empregala tan só debemos contar cunha conta que poderemos facer gratuitamente desde o web (só é preciso unha conta por familia).
A partires de aí debemos incluír aos diferentes membros da unidade familiar e, feito isto, xa poderemos comezar a usar a aplicación en condicións. Existen 4 operacións básicas que podemos levar a cabo coa aplicación, que son:
  • Calendario conxunto: nel cada membro pode engadir as súas citas e indicar se vai só ou con outra(s) persoa(s) da familia. Así será moito máis doado saber se alguén non poder ir comer un día determinado, étcetera.
  • Listaxe da compra conxunta: é outa das opcións máis interesantes, xa que segundo haxa que ir anotando cousas que mercar calquera pode engadilas á listaxe, aínda que se lembre no bus camiño do traballo. Así mesmo, calquera poderá borrar artigos que xa merca (se por exemplo colle algo que ve na listaxe nunha tenda camiño da casa).
  • To do list ou cousas que facer: neste caso poden ser cousas a título individual ou a facer conxuntamente; simplemente un lugar no que anotar as cousas pendentes de ir facendo.
  • Xornal familiar: quizais a característica máis bizarra, un espazo no que engadir “momentos que gardar” coa familia, no que se pode subir unha foto e engadir un texto que nos lembre esa imaxe.
A apliación complétase con widgets de escritorio para poder acceder facilmente ás principais características da aplicación.
Podedes atopar Cozi Family Organizer no Android Market de xeito gratuíto. Ademais existen dúas versións, unha para androides con versións 2.1 e superior e outro para o resto.

Sobre o autor

Reply