Molome, a aplicación fotográfica que premia a túa actividade

PicPlz, Lightbox, MyTubo… existen unha chea de aplicacións da chamada fotografía social: facer unha foto, aplicarlle un efecto e compartila na rede social de turno, xeralmente Twitter e/ou Facebook.
Hoxe queremos falarvos de Molome, que a diferenza das outras que comentamos ao comezo desta entrada, conta cun sistema de premios ou badgets (semellante ao que atopamos en Foursquare) para incentivar que empreguemos a aplicación.
Conta con varios filtros de fotografía, pero non poderemos empregar todos desde o comezo. Aí está a a parte badge, xa que cos teus logros irás desbloqueando eses filtros.
Á hora de compartir podemos subir a foto simplemente ao servidor de Molome ou se preferimos compartila en Twitter e Facebook
Se queredes comezar a empregar esta aplicación debedes pasarvos polo Market e dispór dun Android con versión 2.1 ou superior.
Máis información en molo.me

Sobre o autor

Reply