Acabará Nintendo facendo xogos para Android?

Dun tempo a esta parte estase a falar moito do futuro das consolas portátiles. Cada vez existen smartphones máis potentes que teñen capacidade de xogar coa fluidez que podería prestar unha consola e o mero de feito de non ter que cargar con dous aparellos é un punto a favor dos smartphones.
Neste sentido Nintendo amosouse contrario a facer xogos para móbiles, o que fixo espertar aos seus inversores, que obviamente queren que Nintendo aposte por este negocio en auxe. Rumores posteriores apuntaban a que xa se estaría a traballar na versión de Pokémon para Android e para iOS, algo que foi desmentido publicamente polo fabricante de videoxogos.
Significa isto que non están a traballar en xogos para as plataformas móbiles? Obviamente non, senón máis ben todo o contrario. Que non o digan en público non quere dicir que non o estén a facer; tendo en conta ademais o rápido que está evolucionando o mundo dos smartphones sería falar dun suicidio empresarial.
Que vos parece a vós? Credes que o futuro das consolas portátiles está nos móbiles e tablets?

Sobre o autor

One Response

  1. AmilGZ 31 Agosto, 2011 Responder

Reply

Deixa una resposta a AmilGZ Cancelar a resposta