Presentada a Samsung Galaxy Tab 7.7 #ifa2011

Samsung acaba de presentar a súa nova aposta en forma de tablet, a Samsung Galaxy Tab 7.7, un dispositivo que conta con Honeycomb, completando así a súa gama de tablets con este sistema operativo Android específico para tablets, xa que xa presentara as Tabs de 8,9 e 10,1 polgadas.

Con ela introduce un novo concepto, as pantalals Super AMOLED Plus. E é que este dispositivo de 7,7 polgadas inclúe esta pantalla, sendo o dispostivo actual coa pantalla Super AMOLED máis grande.

Destaca unha vez máis a aposta polo deseño e a obsesión de Samsung polo grosor, acadando tan só os 7,89 mm e cun peso de 335 gramos. Tamén resulta interesante que xa dende o primeiro momento estará dispoñíbel en versión LTE (4G) e 3G (cando teremos aquí as redes 4G!).

O resumo do resto de características é o que segue:

  • Pantalla: 7,7 polgadas Super AMOLED
  • Tamaño e peso: 7,89 mm de grosor e 335 gramos (non temos o resto de medias, actualizaremos cando teñamos)
  • Procesador: 1,4 GHz.
  • Sistema operativo: Android 3.2 Honeycomb
  • Batería: 5100 mAh
  • Memoria interna: 8, 16, 32 ou 64 GB
  • Dobre cámara: frontal de 2 MP e traseira de 3 MP.
Como vedes esta nova tablet? Cal credes que é o tamaño óptimo para un dispositivo destas características?

Sobre o autor

Reply