Samsung presenta a Galaxy Note, a medio camiño entre tablet e smartphone #ifa2011

5,3 polgadas poden ser moitas para un smartphone, mais tamén son poucas para unha tablet. Por iso, a medio camiño entre ambos Samsung acaba de introducir a Galaxy Note.

Trátase dun dispositivo totalmente portátil que pensamos que pode ser moi interesante para traballores que teñan que estar ao tanto do correo de empresa ou funcionalidades semellantes, xa que como smartphone persoal é algo grande e como tablet pequeno.

As súas características técnicas son as que pasamos a detallar:

  • Pantalla Super AMOLED de 5,3 polgadas e resolución de 1280 x 800 píxeles.
  • Procesador dual core de 1,4 GHz.
  • Sistema operativo: Android 2.3 Gingerbread
  • Memoria interna: 8 ou 16 GB.
  • Cámaras: traseira de 8 MP e dianteira de 2 MP.
  • Batería de 2500 mAh, superior ao habitual (normal con semellante pantalla).
Ademais destaca que conta cun stylus para facilitar a introdución de texto debuxado ou para debuxar directamente con algunha aplicación dispoñíbel. A gama de accesorios complétase con sendos docks para escritorio e coche.
No seguinte vídeo podemos ver algunhas das súas características:
Polo de agora non podemos confirmar cando vai saír ao mercado e a que prezos, pero imaxinamos que non será máis aló que de aquí non mes.

Sobre o autor

Reply