As tablets de Sony xa son unha realidade (con prezo)

Xa coñecedes as tablets S1 e S2 de Sony, que recentemente mudaron de nome para ser S (algo que non está moi claro porque aparecen varias denominacións) e que levan tras de si unha longa campaña de promoción.
Agora xa podemos falar de que por fin temos unha data: o 16 de setembro. A partires dese día comezaranse a distribuír, aínda que xa se pode facer o pedido dende hoxe mesmo a través de Dixons.
En canto a prezos, a versión da S1 de 16 GB só WiFi véndese por 455 €, mentres que a versión WiFi + 3G de 16 GB por 569 €, o mesmo prezo que a versión só WiFi de 32 GB
Que vos parecen estes prezos? Mercaríadela?

Sobre o autor

One Response

  1. Duarte Romero Varela 3 Setembro, 2011 Responder

Reply