Toshiba vén de entrar no xogo de apostar por tablets nos que o deseño importa co lanzamento de AT200, un dispositivo que se convirte no líder da delgadez e da lixereza, acadando os 7,7 milímetros de grosor e 558 gramos, por baixo do seu antecesor no liderado, a Galaxy Tab 10.1 con 8,6mm e 656 gramos.
Nese hardware de deseño ultrafino atopámonos un procesador fabricado por Texas Instruments, o OMAP 4430 dual core a 1,2 GHz e unha pantalla de 10,1 polgadas LCD e resolución de 1200 x 800.
Comercializaranse varios modelos segundo a capacidade do seu almacenamento e que van dende os 8 até os 64 GB, aínda que sempre poderán ser ampliados grazas ás tarxetas microSD de até 32 GB coas que é compatíbel. Ten dúas cámaras de 5 e 2 MP, e conexións HDMI e microUSB.
En canto a prezos, a versión de 8 GB estará no mercado estadounidense por 399 $ (uns 280 €), un prezo moi apetecíbel.