Quizais o maior problema de Android sexa a fragmentación, ou o que é mesmo: a existencia de múltiples versións do sistema operativo convivindo ao tempo froito da basta cantidade de dispositivos no mercado.
Segundo as últimas cifras oficiais, Froyo (Android 2.2) é a versión máis extendida, presente no 51,6% dos terminais, seguida de Gingerbread (a versión máis recente, 2.3) cun 31,4% de cota.
Nunha posición inferior, co 13,3% atopámonos Eclair (2.1) e xa con presenza residual quedarian as primeiras versions Donut (1.6, cun 1,8%) e Cupcake (1.5 cun 1%).
No que ten a ver con Honeycomb (Android 3.X), a versión específica de tablets, a súa introdución é do 1,3% sobre o total de dispostivos Android (que non de tablets).
A evolución destas cifras amosan que se está no bo camiño para reducir a fragmentación e que se fixo un esforzo por ter os terminais actualizados á última versión. Mais tamén é certo que moitos non van poder pasar de Eclair ou Froyo, non por falta de vontade dos fabricantes senón máis ben por razóns de hardware, polo que até que “vivan” eses smartphones non se eliminará a fragmentación (realmente é o que está a pasar cos terminais con Cupcake).
A chegada de Ice Cream Sandwich (Android 4.0), prevista para este ano (coa chegada do Nexus Prime?) e que unificará todas o sistema operativo de smartphones e tablets axudará a esta redución da fragmentación.