Vodafone podería presentar en breve tablets Android

Xa vén sendo habitual que as operadoras presenten terminais baixo a súa propia marca, como o caso do Orange Boston ou o Vodafone Smart, que en realidade son encargos ou edicións especiais feitas por fabricantes de hardware recoñecidos; como se fosen as marcas brancas.
O auxe das tablets está a provocar que este interese das operadoras por contar con terminais de marca propia tamén chegue a este sector e, neste sentido, podería ser que Vodafone estivese preparando dúas tablets Honeycomb da man de Huawey.
Trataríanse de dúas tablets con tamaños de 7 e 10 polgadas, que levarían por nome Vodafone Smart S7 e Vodafone Smart S10. Das súas características pouco máis se sabería, alén de que contarían con 1 GB de RAM e 16 GB de memoria interna na de 7 polgadas (32 GB na de 10) e procesadores de 1,2 GHz. Ambos dispositivos contarían ademais con cámaras de 5 e 2 MP na parte traseira e dianteira respectivamente.
Estarían dispoñíbeis en outubro, así que imos agardar a ver se dende Vodafone España comentan algo ao respeto.

Sobre o autor

Reply