Batería oficial de maior capacidade para o Samsung Galaxy S II

Non nos enganemos, un dos maiores handicaps dos nosos terminais Android é a duración da batería. Conscientes disto, dende Samsung acaban de sacar unha batería maior á que ofrece de serie o seu Galaxy S II, concretamente de 2000 mAh, fronte aos 1650 mAh orixinais.
Esta batería maior tamén o é en tamaño, facendo 1 mm máis groso o terminal. É por ilo que se vende conxuntamente cunha tapa traseira adaptada a este inconvinte.
Polo de agora só se pode adquirir no web de Samsung Italia por 44,90 €, supoñemos que irá aparecendo noutros web da compañía ou a través de tendas en liña.

Sobre o autor

Reply