Haberá LG Optimus 3D "2", e será moito máis fino

Cando un terminal vai ben os fabricantes queren unha segunda versión mellorada (e se non que llo digan a Samsung cos seus Galaxy S e Galaxy S II). Por iso dende LG están traballando nunha versión mellorada do seu terminal estrela, o Optimus 3D, que verá a luz no vindeiro 2012 (será presentado no MWC2012?).
A mellora física máis destacada vai ser o seu grosor, que quedará arredor dos 7 mm, pero seguramente non será esta a única mellora polos avances tecnolóxicos deste ano e pode que mesmo xa veña con Ice Cream Sandwich.
Tocará agardar a ver que nos depara o ano que vén.

Sobre o autor

Reply