Apple consegue o seu obxetivo: definitivamente Samsung non poderá vender a Tab 10.1 en Alemaña

Nova triste a de hoxe: o tribunal alemán vén de emitir o fallo definitivo da denuncia feita por Apple a Samsung na que acusaba ao fabricante coreano de terlle copiado o iPad coa súa tablet Galaxy Tab 10.1, prohibindo a Samsung a súa comercialización en Alemaña.
Apple acusaba a Samsung de infrinxir 10 patentes e de plaxio, tanto a nível de deseño como de sistema operativo (non sabemos se os membros do tribunal tiveron ambos dispostivos na man para comparar). Samsung soubo no seu momento responder a esta denuncia (que acarreara unha retirada preventiva do mercado europeo), aportando probas que demostraban a manipulación das probas por parte de Apple.
Mais parece que ao tribunal alemán pouco lle importaron as explicacións de Samsung, porque veñen de emitir a sentenza que prohíbe a Samsung vender a Galaxy Tab 10.1 nese país. Un duro pau para os coreanos e un orgullo para Apple que poderá continuar no seu afán de eliminar opoñentes a golpe de denuncia por outros países, o que sen dúbida unha mala nova para a innovación e unha boa para os cazadores de patentes.
 

Sobre o autor

Reply