ViewSonic ten preparado un terminal que ofrece algo diferente ao que estamos acostumados aquí pero si que é común noutros mercados: dual SIM. Ou o que é o mesmo, a posibilidade de ter á vez dúas tarxetas SIM insertadas, o que nos permite usar os servizos de dúas operadoras diferentes (algúns dispositivos non permiten o uso simultáneo, non nos quedou claro se neste si).
A pantalla é de 3,5 polgadas e ten tamén unha cámara de 5 megapíxeles e batería de 1500 mAh.
Polo de agora só se pode adquirir a través de Amazon UK por 249,99 libras, uns 287 €.
Que pensades deste tipo de terminais? Daríadeslle uso a un Dual SIM?