Se vos gusta Foursquare seguramente vos gustará tamén Forecast, unha aplicación que lle otorga valor engadido aos check-in e que polo de agora está en beta privada, aínda que se pode pedir un convite e apenas tardan nada en darnos acceso. E tampouco teremos que rexistrarnos de novo, xa que se fai co propio usuario de Foursquare.
Con esta aplicación podemos dicirlle aos nosos contactos que usen Forecast onde imos estar nun determinado momento, como se fora un pre-check-in: “Ás 12:15 horas vou estar en Froitas Laranxiño” e, se queremos, compartilo en Twitter cun minicomentario. Cando chegue esa hora a aplicación avisaranos de que “é a hora de facer check-in en Foursquare”, algo que poderemos facer xa dende Forecast. Doado, non?
Se queredes probala pedide o convite rexistrándovos coa conta de Foursquare no web Foreca.st e baixade a aplicación do Android Market, dispoñíbel para todos os androides 2.1 e superior.