HTC Runnymede e HTC Bliss, dous novos membros da familia Android

Parece que a familia Android non deixa de medrar, e agora coñecemos dous dos seus novos membros, que teremos entre nós ao longo deste mes de setembro e que veñen da man de HTC: Runnymede e Bliss.
Runnymede
Runnymede é a aposta para aqueles que disfrutan dos smartphones con pantallón, concremtamente esta é de 4,7 pulgadas con tecnoloxía WVGA. O seu procesador, fabricado por Qualcomm, será o MSM8255. En canto ao resto de características coñecidas temos:
  • Dimensións: 132,5 x 70,7 x 9,99 mm
  • Cámara de 8 MP con flash dual-LED
  • Tecnoloxía de audio Beats, sendo o primeiro terminal en contar con ela (é un novo sistema fabricado por HTC)
  • Batería de 1600 mAh

Ademais estará dispoñíbel en 2 versións, de 16 e 32 GB. En canto a prezos fálase que podería estar arredor dos 838 dólares (611 €) o modelo de 16 GB e 885 (645 €) o de 32.
Bliss
A outra novidade de HTC, o Bliss é un terminal máis estándar. Ten unha pantalla de 3,7 polgadas WVGA, cámara traseira de 5 MP e frontal tipo VGA. Outras características filtradas:
  • Dimensións: 119 x 60,8 x 10,886 mm
  • Procesador: Qualcomm MSM 8255 1 GHz
Deste non se coñecen prezos, pero supomos que andarán sobre os 450-550 dólares.
Agárdase que ambos terminais vexan a luz oficialmente o vindeiro 20 de setembro nun evento convocado por HTC. Igual aparecen novas características, mais serán pouco relevantes.

Sobre o autor

Reply