Malia que Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano da cidade de Vigo, non permite acceder aos seus datos para que se cree unha aplicación completa (nin a fan eles), existe unha pequena alternativa, que se ben non é todo o funcional que quixéramos pódenos mellorar algo a experiencia de viaxeiro.
É unha aplicación moi sinxela que nos pedirá que introduzamos o código de parada (que está na columna de cada parada) e, feito isto amosaranos os buses que pasarán por ela e o tempo de espera estimado.
A aplicación pódese instalar en calquera androide con versións 1.5 e posterior e é gratuíta.
que yo sepa los datos son públicos en la pagina web. http://rutas.vitrasa.es/DisplayParadas.aspx?LatitudParada=42.2321032588933&LongitudParada=-8.70851020102468&Zoom=
¿la has visto antes de publicar esto?
Antes de nada, graciñas polo comentario.
Como podes imaxinar, antes de publicar algo no blogue comprobamos e contrastamos a información e, se se trata de aplicacións, probámolas. E se nalgún momento nos equivocamos corriximos e anunciamos na entrada e en Twitter a corrección (forma parte dos nosos principios, que podes consultar en http://www.vencello.com)
En canto á túa pregunta, efectivamente coñecemos eses datos, que non sirven para facer unha aplicación completa do transporte como existe en moitas cidades (A Coruña, sen ir máis lonxe). Só sirven para acceso web, algo engorroso dende un smartphone.
Temos contrastado con varios desarrolladores que se puxeron en contacto coa empresa para pedirlle acceso aos datos e poder facer unha aplicación completa (sen ánimo de lucro e de xeito totalmente desinteresado) e que só obtiveron un “non” por resposta.
Agado ter aclarado as túas dúbidas 😉
tes toda a razón iago, a web de vitrasa é prácticamente inusable dende o móbil (no pc tampouco é gran cousa) e é unha mágoa que só aproveiten a súa infraestructura de gps nos buses para dar información en algunhas (poucas) paradas.
os móbiles modernos son o sitio ideal onde aproveitar este servizo pero parece que vitrasa non o ve.
ah, unha grata sorpresa toparse esta aplicación, probareina. gracias por o aviso.
Manda carallo, que unha empresa que ten na sua web os logotipos das administracións que pagaron o portal
http://rutas.vitrasa.es/
Feder e maila xunta negue o acceso os datos. Iso é case delictivo, se o pagamos entre todos!!
https://market.android.com/details?id=com.imatia&feature=search_result&rdid=com.imatia&rdot=1
Graciñas Anónimo, falaremos dela 🙂
Segun o visto estes dias parece Vitrasa non daban os datos por que ela estaba rematando a sua propia aplicación. E non queria que coa sua propia base de datos lucraranse terceiros.