Samsung reina o mercado europeo (xa entendemos a obsesión de Apple)

Moito temos falado de Samsung este ano, e non é para menos, xa que se trata dun dos fabricantes que está a facer un maior esforzo en innovación e en ofrecer cousas diferentes, todo isto ligado a unha forte aposta por Android.
Nas últimas semanas tamén ten estado baixo todas as miradas pola guerra xudicial con Apple, que denunciou aos coreanos por suposto “plaxio” dos seus produtos, conseguindo paralizar a venda da Galaxy Tab 10.1 en toda Europa durante uns días e agora, definitivamente, en Alemaña, como xa vos comentamos hai uns días.
Despois de ter comprobado como Apple chegou a falsificar probas para os xuízos a nova que vos traemos hoxe non vos collerá por sorpresa: Samsung dominou o mercado europeo dos smartphones durante o segundo trimestre deste ano, por riba de Apple. Casualidade? Ou é que os de Palo Alto están tratando de paralizar ao seu competidor máis directo nos xulgados? Se non fose así… por que Apple non vai detrás de outros fabricantes con tablets de 10 polgadas ou contra as copias chinesas do se iPad?

Sobre o autor

Reply