Actualízase Google Goggles, para seguir sacando máis partido á túa cámara

Non é nin de lonxe unha das aplicacións de Google máis empregadas, pero si unha das máis completas e útiles. Falamos como non de Google Goggles, a aplicación que usa a nosa cámara para darnos información do que hai ao noso arredor.
Así dinos que monumento estamos a ver, información sobre un libro ou marca a partires dunha imaxe da portada ou logotipo ou resolve sudokus, entre outras moitas cousas. Con esta nova actualización, ao sacar unha foto buscará coincidencias desta na rede, para dicirnos de que se trata.
A aplicación está dispoñíbel para androides 2.1 e superiores no Android Market

Sobre o autor

Reply