Máis smartphones 3D. Agora, da man de Sharp

O 3D está de moda. Cando LG apostou por esta nova tecnoloxía no seu Optimus sabían que o facían por unha característica de valor engadidos para o seu smartphone. Despois viría o exemplar de HTC e agora é Sharp quen se anima a introducir o 3D sen lentes.
Falamos do Aquos SH829, un dispositivo de 4,2 polgadas de pantalla e procesador de 1,4 GHz dun só núcleo (algo escaso para un móbil 3D, non?). As súas dúas cámaras traseiras son de 8 MP, polo que as imaxes que toma son de alta definición (tanto as 2D como as 3D).
Pouco máis podemos adiantar deste terminal, que virá con Gingerbread (2.3) e que sairá á venda estes días no Xapón. Non sabemos se chegará acó, mais é probábel que non o faga debido a que Sharp non é unha marca de smartphones moi consolidada no noso mercado, onde HTC e LG resultan moito máis habituais.
E a vós que vos parece?

Sobre o autor

Reply