Fálalle ao teu Androide: Google vén de activar as instrucións de voz en español


Por fin Google se dignou a actualizar a súa aplicación de busca para permitir as accións de voz en español, algo que até o de agora non era posíbel. Con ilo certas accións serán moito máis doadas de levar a cabo, malia que iso si, debemos contar con conexión a Internet para poder levalas a cabo.
As opcións dispoñíbeis (cos comandos) son os que seguen:
  • Iniciar chamadas: Llamar a [Nome do contacto] [Opcional: fijo, móvil, trabajo…]
  • Enviar mensaxe: Enviar mensaje a [Nome do contacto] [Texto (en español)]
  • Chamar a negocios: Llamar a [Nome do negocio]
  • Google Maps: Mapa de [Lugar ou establecementos]
  • Rutas en Google Maps: Cómo llegar a [Enderezo]
  • Navigation: Guíame a [Lugar ou establecemento]
  • Navegación web: Ir a [enderezo web]
  • Outras búsquedas: Exemplo: El tiempo en Vigo
Cómodo, non?

Sobre o autor

Reply