AbeBattery, controla o estado da batería do teu terminal

Se sodes dos que vos gusta ter todo baixo control seguro que tamén vos interesará ter vixiada a batería do voso pequeno androide. Grazas a AbeBattery isto é algo máis sinxelo.
AbeBattery é unha aplicación que nos achega información sobre diversos aspectos relacionados coa nosa fonte de enerxía:
  • Porcentaxe de batería dispoñíbel
  • Estado (carga, descarga…)
  • Saúde da batería
  • Temperatura
  • Voltaxe
  • Tipo de tecnoloxía empregada.
Dispón de dúas versións, Free e Pro, que se diferenzan nun par de aspectos. A versión gratuíta só dispón de widget tamaño 1×1 no que se mostra o estado da batería, mentres que na Pro teremos, ademais dese, outros de 2×1 (co estado da batería e aviso de carga/non carga) e 3×1 (engadindo ao 2×1 información de temperatura). Ademais a versión Pro tamén ofrece información na barra de notificacións.
A versión Free só dispón do primeiro widget 1×1
Ambas aplicacións están dispoñíbeis para Android 2.1 ou superior. A versión Free é gratuíta, mentres que a Pro vale 69 céntimos.


Actualización: o desarrollador vén de anunciar que a versión Free desaparece, pasando a versión Pro a ser gratuíta.

Sobre o autor

Reply