Consulta o catálogo 2012 de Ikea dende o teu Android

Se hai unha tenda de mobles que ten seareiras/os, esa é Ikea. E máis agora que se pode ir visitala á Coruña . Por iso seguramente a máis de un interesaralle saber que xa está dispoñíbel o catálogo do 2012 dende os móbiles Android, coa posibilidade de velo en galego, o cal é un punto a favor.
Con esta aplicación pódese ver o catálogo que inclúe arredor de 2.000 produtos dos máis de 10.000 que se poden atopar na tenda, podendo facer zoom, buscas por palabras clave, marcar páxinas, ver información adicional e compartir o que vemos nas principais redes sociais.
Como é de agardar, trátase dunha aplicación gratuíta e válida para todas as versións de Android dende a 2.0, aínda que recomendamos vela nunha tablet para maior comodidade. Atopádela no Android Market.

Sobre o autor

Reply