A Galaxy Tab 8.9 porase á venda esta semana en Best Buy

Os lanzamentos de Samsung adoitan sorprendernos moitísimo, pero logo teñen un problema: tardan unha eternidade en chegar ás tendas. Así, o 8 de marzo falamos da presentación da Galaxy Tab 8.9, e agora xa podemos anunciar a súa chegada a Best Buy para a súa venda.

Este dispositivo, que conta con Honeycomb (Android 3.2), ten unha pantalla de 8,9 polgadas WXGA e procesador de dobre núcleo e 1 GHz. O seu peso é tan só de 470 gramos.
A partires do 22 de setembro (ou do 25 noutras tendas) estará dispoñíbel para a súa venda a 399,99 $ (291 €), un prezo moi apetecíbel, non credes?

Sobre o autor

Reply