MemCalc, calculadora con varias memorias no teu Android

Nunca está de máis ter unha calculadora a man, por se vas de cea cos amigos e queres dividir a conta ou moitas outras situacións semellantes.
MemCalc é unha aplicación de cálculo básica, que admite as operacións básicas, raíces, potencias, notación científica, logaritmos e funcións trigonométricas e expoñenciais. Mais se cadra o seu punto forte é que conta con tres memorias para cálculos que imos facendo e nos que se pode introducir o valor con con tan só arrastralo a un dos cubículos dispoñíbeis.
É gratuíta e funciona en todas as versións de Android. Podedes atopala no Android Market.

Sobre o autor

Reply