Agora que remata o verán e están a comezar as clases é época de marcar obxectivos. Un destes obxectivos case sempre é o inglés e, para aqueles que queiran aprender ou refrescar os seus coñecementos, pode practicalo en calquera momento y desde calquera lugar coa aplicación de Vaughan Radio.

A aplicación non nos da moitas opcións pero a súa emisión de 24 horas repartidas en máis de 14 programas distintos ao día permítenos practicar o idioma dunha forma entretida, práctica e eficaz. Os programas de inglés son para todos os niveis e para todos os públicos abarcando temáticas coma noticias, negocios, música, etc.
Polo de agora non podemos elexir o programa que queiramos, senón que habemos de adaptarnos a emisión en curso. Podemos ver a programación diaria de toda a semana e temos a posibilidade de ver a información sobre cada programa.

Como nota negativa podemos destacar que é necesario ter unha conexión a internet, xa sexa WIFI ou tarifa de datos, para escoitar a emisión xa que non se ten posibilidade de descargar ningún programa para escoitalo en outro momento.
Vaughan Radio está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.6 ou superior.