Google ante o comité anti-trust do Senado dos Estados Unidos

O presidente executivo de Google, Eric Schmidt, leva comparecendo ante o comité anti-trust do Senado dos Estados Unidos desde as 20.00 horas, 14 horas en Washington D.C.
Google comparece ante o Senado para ser investigados por un posible caso de abuso de poder ao empregar a súa posición dominante como buscador (75% do mercado de sobremesas e máis do 90% nos dispositivos móbiles, segundo os denunciantes) para dificultar a competencia doutras compañías máis pequenas, que verían dificultada a súa capacidade de anunciarse na Internet ao aparecer en postos inferiores nas búsquedas.
A defensa de Google, que tamén está sendo investigado pola Comisión Federal de Comercio e a Comisión Europea polas súas prácticas empresariais, basearase nas liñas enviadas pola empresa aos medios de comunicación:
“When you hear these complaints, I’d urge you to keep two things in mind, […] First, we built search for users, not websites, and no matter what we do, there will always be some websites unhappy with where they rank.[…] Our scientific process is designed to provide the answers that consumers will find most useful. […] Second, unlike technologies of the past, the great thing about the fundamental openness of the Internet is that, if consumers don’t like what one website is providing them, they can switch to another website with just one click.”

“Cando escoiten estas queixas, rogarialles que tivesen en mente dúas cuestións. […] Primeiro, deseñamos buscadores para os usuarios, non para as webs, e, non importa como o fagamos, sempre haberá webs disconformers co lugar no que aparecen. […] O noso proceso científico está deseñado para dar as respostas que os usuarios van atopar máis útiles. […] Segundo, que, ao contrario que as tecnoloxías do pasado, o grande da fundamental apertura da Internet é que se aos consumidores non lles gusta o que lles aporta unha web, poden cambiarse a outra só cun click.”
Esta comparecencia traenos á mente a de Bill Gates ante o mesmo comité en 1998, na que se analizou a posición dominante de Microsoft no sector do software e os seus atentados contra a libre competencia, e polo cal Microsoft foi declarado culpable e obxecto dunha actuación anti-trust.
As consecuencias, de demostrarse o abuso de poder de Google, poderían ser semellantes: se coa culpabilidade de Microsoft apareceu unha lexislación específica que puxo un peso sobre a capacidade de emprendemento de Microsoft e permitiu o nacemento de toda unha serie de start-ups como a propia Google; coa de Google, de producirse, poderíase chegar non só unha perda de posicións e unha apertura do mercado a competidores semellante á que sufriu Microsoft, senón, incluso, a unha regulamentación por parte do goberno americano dos algortimos de búsqueda, de forma que os resultados non afecten á libre competencia.
Por último, cabe indicar que como todo o que ten que ver con Washington, hai moita política polo medio. E se ben desde os círculos políticos apuntan cara ao descarado apoio de Google á campaña de Obama como unha das causas desta citación, a cuestión está atraendo a atención tanto de Democrátas como a Republicanos, sendo un senador de cada partido (Herb Kohl, Demócrata de Wisconsin e Mike Lee, Republicano de Utah) os que solicitaron a comparecencia.
Podedes seguir un liveblogging da sesión aquí.

Sobre o autor

Reply