O ZTE Skate, con Movistar dende o 1 de outubro

O novo terminal de ZTE, o Skate, chegará ás tendas a través de Movistar, que o ofrecerá aos seus clientes (e clientes que se porten) nun abano de prezos que irán dende os 0 até o 59 € (ligado a contrato de permanencia, por suposto).
Estamos a falar dun terminal de gama media pero que conta con algunhas características extra que o fan máis interesante que outros dispositivos da mesma gama, como por exemplo contar con cámara frontal, unha pantalla grande e unha batería bastante completa. Vexamos as súas características:
  • Tamaño e peso: 125,9 x 77,8 x 10,4 mm e 148 gramos
  • Pantalla TFT de 4,3 polgadas, 800×480 píxeles.
  • Procesador de 800 MHz.
  • 512 MB de RAM e de ROM
  • Dobre cámara, traseira de 5 MP, frontal VGA.
  • Radio FM
  • Batería de 1420 mAh.
En canto a prezos, a verdade é que sae bastante ben. De feito, as portabilidades a Movistar poderán disfrutar del por 39 € (59€ no caso de xa clientes) para un consumo de 9 €, e por 0 € (19 € os xa clientes) para consumos maiores.

Sobre o autor

Reply