Es Foner@? Esquécete de introducir os datos para conectarte con esta aplicación

Hai algún tempo falamos en Mallando na e-ira de Fon, a WiFi comunitaria na que un usuario pode compartir parte da súa conexión con outros usuarios, foneros. A cambio poderemos conectarnos a outros puntos Fon gratuitamente, algo que a moitos resultará interesante, sobre todo se viaxamos ao extranxeiro e non queremos gastar cantidades estratosféricas en roaming de datos.
O funcionamento deste servizo adoita ser un tanto engorroso se traballamos co móbil, porque implica acceder ao navegador, que se nos abra a páxina para introducir os datos de usuario, que se estableza a conexión…. e logo xa poderemos navegar.
Por iso, contar coa aplicación oficial de Fon facilitaranos moito as cousas que nos permite ter introducidos os datos de usuario. Así, cada vez que estemos en zona de cobertura dunha WiFi Fon (e coa WiFi activada) conectarémonos directamente, sen pasos engorrosos. Como podedes ver na súa web, existen centos de puntos de conexión.
Soa ben, non? Podedes descargar a aplicación de xeito gratuíto dende o Android Market e é compatíbel con todas as versións de Android.

Sobre o autor

Reply