Pode que haxa quen non coñeza aínda Localiza Todo, un localizador de barcos e avións que amosa sobre Google Maps (ou Google Earth) o seu posicionamento e outros parámetros, como a altitude, dirección, a ruta que fan, a compañía ou o orixe e destino. Así mesmo, tamén é posíbel facer buscas co número de voo para non perderse entre a maraña de avións que nos poden aparecer.
Dende hai xa bastante tempo podemos disfrutar tamén deste servizo dende o noso Android grazas á aplicación Localiza Todo, polo que será moito máis cómodo facer as buscas e ter a información que nos interesa na palma da man
Podemos descargala por 1,99 € desde o Android Market para calquera androide.
É a quenda dos aerotranstornados! 🙂