Á hora de facer presentacións resulta bastante incordiante non ter algún dispositivo externo que nos permita non ter que achegarnos ao computador cada vez que queremos avanzar ou retroceder, aínda que tamén, se non adoitamos facer este tipo de cousas non nos compensa facernos cun mando ou similar.
Por iso unha boa solución pode ser Presenter, unha aplicación compatíbel con Linux, Windows e Mac que tan só precisa establecer conexión Bluetooth co ordenador en cuestión, algo realmente interesante, xa que moitas outras solucións conectan por WiFi e as coorporativas ou de universidades non nos valerían para esae propósito.
Así mesmo é preciso baixar un programa que faga de servidor e que debemos instalar no computador, e que podemos atopar nesta ligazón.
Pola súa banda, a aplicación atópase no Android Market. custa 1,99 € e precisa de Android 2.1 ou superior.