Se sodes uns auténticos “pés nas pozas“, nalgunha das saídas ao monte botaríades de menos unha boa guía de árbores coa que poder identificar algunhas das árbores que se van atopando polo camiño.
Dende Baía Edicións pensaron que sería unha boa idea facer esta guía dun xeito electrónico para poder levala no noso smartphone (que xa se presupón que cargamos con el) e non ter que andar cargando con libros ou catálogos extra.
Esta guía recolle as 50 especies máis comúns nos bosques da Europa Occidental, concretamente da área sudoeste da rexión eurosiberiana, das que indica o tamaño, características do tronco e a corteza, forma da copa, follas, flores e froitos.
A aplicación dispón dun completo buscador que fará máis sinxelo atopar a árbore da que buscamos información, Podedes descargala a aplicación dende o Android Market por 6 €, e vale para todos os androides.
Graciñas a @denebolaas por informarnos desta aplicación