Tes un Android? Tes un escáner

Seguramente en máis dunha ocasión vos víchedes na necesidade de ter que escanear algún documento pero non ter tempo abondo para facalo. Unha vez máis Android virá ao nosos rescate, desta vez axudando ao robotiño verde unha aplicación chamada CamScanner.
Como podedes imaxinar polo nome, trátase dunha ferramenta que emprega a cámara do noso terminal  para facer o escaneado, coa posibilidade de obter imaxes jpg ou documentos pdf. Pode que vos esteades a preguntar que diferenza usar esta aplicación de sacar unha foto directamente: pois basicamente que conta cun algoritmo de recoñecemento e recurte intelixente da imaxes, alén de melloralas para que sexan máis visíbeis.
Existen dúas versións, unha gratuíta, que limita o número de páxinas a escanear, e outra de pago sen limitacións. Pódense empregar en androides con versións 2.0 e superior.

Sobre o autor

Reply