Flickr estrea aplicación Android. Dálle vida ás túas fotos!

Flickr está de estreo. E é que o popular servizo de fotografía de Yahoo acaba de poñer no Market a súa aplicación oficial, coa que poderemos xestionar completamente a nosa conta.
Sen lugar a dúbidas a función máis destacada é a posibilidade de subir as fotos que saquemos co noso móbil directamente, engadíndolles ou non algún que outro filtro e, por suposto, compartindo o resultado nas redes sociais (Facebook e Twitter maiormente).
Ademais, a aplicación ofrécenos a posibilidade de organizar as fotos que subimos, obter información sobre a actividade nas mesmas (como os posíbeis comentarios que fagan os nosos amigos) e estar ao día da actividade dos nosos amigos.
Podedes descargar a aplicación dende o Android Market para todos os dispositivos con versións 2.1 e superior.

Sobre o autor

One Response

  1. zetxek 29 Setembro, 2011 Responder

Reply

Deixa una resposta a zetxek Cancelar a resposta