A batalla está servida: Android vs. iPhone

Outubro ten pinta de presentarse movidiño en canto a novidades. Por unha banda Samsung e Google poderían presentar o Nexus Prime e, por outra banda, Apple presumiblemente presentará a próxima xeración do iPhone. Poderíamos dicir que a batalla está servida, non hai máis que ver o seguinte vídeo.
Un par de dúbidas en relación co vídeo. A primeira é saber que fai Prime do lado dos iPhones, ¿é un cabalo de Troia? A outra dúbida sería saber cales son os terminais que aparecen ao final do vídeo, ¿acaso alguén se agocha na sombra á espera para o ataque?

Sobre o autor

Reply