Huawei Honor, chegan os smartphones con autonomía de verdade

Se os smartphones actuais teñen un hándicap, ese é a batería. É certo que existen infinidade de trucos para alongar a súa vida, mais todos coinciden nunha cousa: capar funcionalidades dos smartphones, algo que non é unha solución senón un parche. E dos malos.
Por iso gústanos saber que hai avanzos no sentido de ter smartphones con máis autonomía, coa chegada do Huawei Honor, un terminal de 1,4 GHz e pantalla de 4 polgadas que aseguran aguanta 3 días sen cargar.
Polo demais conta con 4 GB de memoria interna (ampliábel a 32 GB), RAM de 512 MB, así como tamén con dobre cámara de 8 e 2 megapíxeles.
Estará dispoñíbel a finais de ano cun prezo que rondará os 230 € (libre).

Sobre o autor

Reply