Mallando no Android arranca o curso con forza, con cifras que semana a semana van indo en aumento, algo que vos agradecemos, como lectoras e lectores, e que nos satisfai dende o punto de vista editorial.
Co afán de seguir medrando para ser o punto de referencia no panorama Android galego, para esta nova fase gustaríanos convidarvos a colaborar connosco desta tarefa. Neste sentido, propómosvos dous xeitos de facelo.
O primeiro deles sería incorporándovos ao equipo de redacción de Mallando no Android, para o cal vos pediríamos ademais da paixón obvia polo mundo Android unha dispoñibilidade para escribir de 3 a 4 entradas semanais (aínda que se podería falar se se tivese outra dispoñibilidade maior ou menor).
Doutra banda gustaríanos pedirvos que cando vaiades a adquirir calquera dispositivo Android (xa sexa teléfono, tablet, reprodutor musical, de TV…) vos puxerades en contacto connosco e gravásedes o unboxing para publicar no blogue, xa sabedes, eses vídeos nos que se vai abrindo a caixa e descubrindo todo o que acompaña o terminal, para dalo a coñecer a máis xente.
En calquera dos casos, podedes poñervos en contacto connosco a través co correo android(at)mallando(dot)com (sustituíndo “at” por “@” e “dot” polo “.”, é por cuestións de evitar spam) ou enviándonos unha mensaxe privada por Twitter (@mallandroid) co voso correo de contacto para poder falar convosco.
Aproveitamos esta entrada para agradecervos a confianza e pedímosvos que fagades chegar a mensaxe a toda persoa que puidera estar interesada, mediante o RT da entrada ou como vexades 🙂