Travel Club estrea aplicación para Android

Seguramente case todas e todos teñades oído falar algunha vez de Travel Club, un programa de fidelización co que se van acumulando puntos ao facer compras en establecementos asociados (por exemplo as gasolineras de Repsol/Campsa/Petronor, Eroski, …) e que logo se poden canxear por viaxes ou por outros artigos dun catálogo.
Pois Travel Club vén de estrear aplicación para Android (tamén para iPhone) para facer a vida un pouco máis sinxela aos usuarios do programa.
Entre as carasterísticas máis destacadas da aplicación está o uso da xeolocalización para indicarnos os establecementos adheridos ao programa que están ao noso arredor e nos que podemos facer puntos. Sumado a isto, tamén existe un apartado de promocións personalizadas grazas ás cales podemos gañar máis puntos ou ter descontos nos establecementos.
Ademais permite realizar as operacións máis habituais, como a consulta de puntos, a visita ao catálogo virtual e canxe de puntos ou a actualización de datos.
Para promocionar o uso da aplicación Travel Club ten un sorteo dun iPad 2 (esa tablet que non nos gusta :P) ou uns altofalantes HMDX aos que poderemos obtar só por baixar a aplicación e usala, así como tamén 100 puntos de agasallo no primeiro canxe de puntos dende a mesma.
A aplicación funciona en todos os androides con versións 2.2 e superior e podémola atopar no Android Market

Sobre o autor

Reply