Seareiras e seareiros de Google Chrome: moi pronto, tamén nos vosos androides.
A semana pasada coñecemos as boas marcas de Chrome: fronte ás caídas de Internet Explorer e Firefox, os usuarios de Chrome non deixan de medrar, o que fai pensar que en 2012 será o navegador máis empregado.
E parello a isto está a aparición da versión para smartphones do navegador, que incluiría a meirande parte das características da versión de escritorio pero adaptadas a móbiles. Así, poderíamos estar falando de plugins, extensións, sincronización entre dispositivos nos que teñamos configurado Chrome… e por suposto, as famosas pestanas.
Todo isto sábese por esta entrada no web de desarrollo de Chrome e aínda que non é posíbel establecer unha data para a súa publicación (así como saber se se tratará dunha aplicación instalábel ou o navegador predefinido), non sería de extranar que formase parte da presentación do Nexus Prime / Ice Cream Sandwich, prevista para o 11 de outubro.