Se tivéramos que destacar algo das tablets S e P de Sony (inicialmente coñecidas como S1 e S2), claramente falaríamos dos seus deseños, ambos revolucionarios.
A Sony Tablet S ten certa curvatura que nos pode lembrar a un xornal dobrado á metade e que lle otorga unha comodidade extra ao pousala sobre unha superficie plana, xa que queda con certa inclinación que mellora a súa visualización.
Doutra banda, a Tablet P dispón de 2 pantallas e plégase de xeito que queda como un cilindro elíptico que fará que sexa moito máis doado gardala nun bolso ou mochila, ocupando un mínio espazo.
A Tablet S comercialízase en 3 versións:
- Só WiFi e 16 GB: 479 €
- Só WiFi e 32 GB: 579 €
- WiFi + 3G e16 GB: 599 €.
Pola súa banda, a Tablet P só dispón de versión WiFi+3G de 4 GB e un prezo de 599 €.
Podémolas atopar, entre outros lugares, en Fnac.