Mellora as túas imaxes con software de fotografía: HDR Camera

A técnica de fotografía HDR (High Dinamic Range ou Alto rango Dinámico) consiste en realizar e mesturar varias fotografías do mesmo motivo realizadas a diferentes exposicións para resalzar o rango de luminancias dunha fotografía. Con iso conseguimos representar máis fielmente os niveis de intensidade lumínica do orixinal. Esta técnica adóitase realizar “a man”, fotografando a distintos niveis de exposición e montando as fotografías cun software específico.
No Market podemos atopar aplicacións para o noso Android que conseguen facilitarnos esta tarefa. Unha destas aplicacións é “HDR Camera”.
Cando utilizamos HDR Camera só temos que seleccionar o obxectivo a fotografar e esperar a que o software realice as 4 fotografías (que é a opción por defecto) e mestúreas automaticamente. Os resultados son espectaculares.
Pódese descargar gratis desde o Android Market para versións 2.2 e superior. Tamén dispón dunha versión de pago, HDR Camera+, por 2,89 €.

Sobre o autor

Reply